jueves, 18 de octubre de 2007

Xa falta menos


Pasaron quince días e o nerviosismo vai "in crescendo" Agora a dúbida máis importante é o sorteo.

Finalmente haberá que facelo e lamentablemente dous ou tres nenos/as terán que quedarse.

Seguimos recollendo as imaxes de revistas, fotos, etc que imos utilizar nalgunha das sesións que faremos alí.

A principal novidade é que finalmente conseguiuse a excursión preparatoria do tema das aves . O día 31 iremos ó encoro de Cecebre para coñecer algunhas características deste entorno natural: principalmente flora e aves. Dous monitores nos acompañarán e daran explicacións sobre este ecosistema tan rico e peculiar. Depois na clase faremos a explotación dalgúns dos datos obtidos: nome inglés das aves e plantas, descrición das mesmas...


martes, 2 de octubre de 2007

Adventure in Asturias


Faltan dous meses escasos e os nervios empezan a aflorar. Aínda quedan moitas cousas por decidir, pero todos están desexando sabelas.

Iniciamos unhas pequenas prácticas de como serán as sesións alí:

1º Día: the water

Presentamos unha preciosa foto duns acantilados e comezamos a construir pequenas frases. As dúbidas aparecen e comezan as ávidas consultas ó diccionario.

Polo medio siguen xurdindo as preguntas típicas:

- ¿Teacher, de cuantos son las habitaciones?
Continuará...