martes, 8 de enero de 2008

Epílogo

¿Que xa estaba todo dito?
Pois, se cadra estaba, pero...
¿Estaba todo visto? A resposta é que non. Colgamos as fotos a diario mentres estabamos alí e despois fixemos uns retoques para que se poidesen ver aquí directamente no blog en forma de miniaturas, pero aínda nos quedan os vídeos.
Como sabedes, tanto nós, coma os monitores fumos facendo pequenas filmacións das distintas actividades diarias. Eran pequenas, pero unha con outra foron sumando e saíron case duas horas de gravación. Pouco a pouco iremos editándoas para tentar facer catro capítulos que aínda non sei ben en que orde aparecerán nesta mesma entrada do blog:
A viaxe e as saídas
O programa de TV
As cancións e a festa
Os obradoiros
O primeiro será o do Programa de TV. Aparecerán en fragmentos debido ó tamaño do mesmo.
Todos, todos os nenos participaron aínda que algúns non aparecen nesta montaxe.


Section I The water cycle



Section 2 The Earth. Touristic places in Cambre




Section III. Spots and Plants

Section IV. Birds

sábado, 1 de diciembre de 2007

¡Ay quien estuviera en Asturias...!



Hola a todos, ya desde casa contaremos alguna de las cosas que nos faltan. En primer lugar las fotos del viernes y el regreso:




O xoves fixemos o ensaio xeral do programa de TV The world around us" Houbo algunha precipitación e coma sempre hai cousas que mellorar, pero en fin , quédanos o traballo de preparación feito e xa haberá algunha outra oportunidad para facelo. Finalmente esa foi a gravación definitiva xa que o venres xa non dou tempo para repetila.


O venres foi o día do impacto humano e houbo un cambio importante no programa xa que se centrou nunha visita a unha cidade e a coñecer unha actividade industrial como é a mineiría.


Pola mañán, despois do almorzo e equipados cos nosos cadernos de campo e coa bolsa de picnic pertinente nos diriximos a Oviedo. Directos á catedral e diante da fachada principal os monitores fan unha aproximación ós estilos románico e gótico exemplificando cos arcos que teñen á vista. Sentados no chan( o tempo o permitía) cada un fai o seu boceto do conxunto arquitectónico que está a contemplar ou ben da parte que máis lle guste. Despois a visita polo interior, situación e esplicación da planta de cruz latina, vidrieras, órgano decoración de motivos naturais e tantas moitas máis cousas que se nos ocurrían a profes e monitores e os nenos preguntaban. DEsgraciadamente non se puido visitar a cripta e ver o tesoro artístico que alí se conserva.


O saír foron dando un paseo ata o Parque de San Francisco donde puideron xogar a gusto e tomar o picnic. Un pavo real nos rondaba cunha actitude que estaba entre a e osadía por ver de coller algunha miga das que caían e o temor que lle producían os xogos dos rapaces.


Pola tarde, unha vez todo recollido e en perfecto estado de revista imos cara o bus que nos esperaba nunha das rúas que rodean o parque e imos para "El Entrego". Hugo xa o coñecía e foi facendo de guía improvisado, ero sen descobrir certos "secretos" como o da baixada á mina.


A visita nos sitúa nunha realidade un tanto descoñecida á que convén que se acheguen para poder apreciar as cousas no seu valor. A guía do museo lle susurra a Rachel a información que quere transmitir e ela ,coma sempre, cunha asombrosa capacidade de síntese e de baixarse ó nivel dos nenos fai a explicación en inglés. O resto de monitores e profes tentamos dar apoio en baixiño para non interrompir.


En fin uha visita moi interesante que seguro tanén lles quedou gravada.


Á saída merenda no aparcamento seguida de pachanga de fútbol espontánea e rápido regreso ó albergue porque hai que iniciar a ardua tarea de "reconstruir" a maleta (tarefa que nalgún caso tivo o seu aquel). Ademais en apenas 1 hora había que "maquearse" para a "espicha party" que os monitores nos tiñan preparada. Neste caso os dous extremos: hainos que tanto lles ten subir ós Lagos como ir á festa e outros/as que lles leva máis tempo arreglarse que estudiar para un control.


Continuará...



Hello guys! Time to get up!! Come on, wake up!!

Que chicos, ¿echáis de menos esa forma de despertarse? Supongo que no, pero que de alguna manera algo extraño habréis sentido esta mañana de domingo al encontraros en vuetras habitaciones y no en el albergue de Mestas de Con con Rachel hablándoos suavemente para despertaros o con la guiterra de Galen y sus alegres canciones o la ronca voz de Wardy y su característico ¡"Touma"!.

El caso es que ya estamos aquí y...

La vida continúa. Debemos volver a nuestra rutina diaria, pero creo que ninguno olvidará esta experiencia en Asturias en la que conocimos a otros niños y aprendimos en la práctica que el inglés nos puede ayudar a entendernos con gente y en sitios tan dispares como Inglaterra ( Wardy), Canada (Katheeen), Nueva Zelanda (Rachel), USA (Galen) o Australia(Rob) e incluso Malta (Ulises) o Narnia (Andy) Por cierto que aún nadie ha logrado situarnos en el mapa el país de Andy.

Y nada más, esperando que este viaje haya despertado o avivado en vosotros, todas o al menos alguna de estas cosas:

- el gusanillo del idioma

- el interés por conocer otras culturas

- la tolerancia hacia lo diferente

- la importancia de escuchar y mirar a la persona que habla para entenderla

- el amor a la naturaleza


See you and GOOD JOB GUYS

Desde aquí podréis ver otras fotos hechas con la cámara de los monitores:


jueves, 29 de noviembre de 2007

Earth day (Día da Terra)


El miércoles terminó estupendo. La sesión de música terminó de "amansar" a las fieras que ya de por sí venían cansadas de las actividades de la mañana por los Picos de Europa.
Cantamos "If you are happy" porque estábamos contentos, cantamos bajo la lluvia( aunque estábamos a cubierto) sí, sí "singing in the rain" verión campamento , que es mucho más divertida y terminamos invocando al dios indio Cachatanga pidiéndole que no lloviese hoy.
Y con esto y un bizcocho... hasta mañana a las ... ocho y media.
Ha habido suerte y aunque no está tan bueno como ayer, el tiempo nos está respetando y permite preparar las actividades relacionadas con la tierra.
Por los alrededores del albergue los monitores explican todo lo relacionado con rocas, minerales etc y preparan, por grupos la actividad de orientación de la tarde : aprenden a hacer pistas (y su descripción en inglés) y van dejando un rastro que, por la tarde, los miembros de los otros grupos tendrán que seguir.
Aunque no ha habido mucho tiempo de ensayo por la tarde representaremos al otro cole nuestro trabajo. (Pensábamos que era mañana, pero vamos a Oviedo todo el día)
Lo de las habitaciones va mejorando. Como las valoraciones de los primeros días eran en general malas (bad, very bad, clean...) por cierto con toda justicia, como podréis comprobar en las fotos. El hecho es que el mecanismo funciona y el afán competitivo pica el orgullo de los "habitantes de la casa" que por un lado se motivan a sí mismos dentro de cada habitación para intentar desprenderse de ese molesto cartel que cuelga en la puerta de su habitación y por otro lado, intentan superar la valoración de la habitación de al lado. Como os digo la cosa funciona y el orden y la limpieza empiezan a ser otra cosa.
Hoy ha sido una deliciosa fabada la que nos repone las fuerzas (por cierto felicidades a todo el equipo de cocina y comedor por vuestro trabajo y gracias Rafaela por tu simpatía y saber hacer)
A punto ya de terminar el tiempo libre y pasar a los juegos de orientación, nosotros estamos terminando de colgar las fotos y esta actualización y con la cabeza cómo estarán los afónicos (que ya los hay) y cómo vamos a colocar los murales de los decorados. YA se oye jaleo por las escaleras.
Mañana a Oviedo: museo minero, callejeo y catedral. A las 7: 30 regreso, preparación de maletas y fiesta de despedida Una espicha asturiana. La cosa promete.
Por ello, mañana no habrá tiempo de actualizar así que la última entrada y comentarios ya serán desde casa.
http://picasaweb.google.es/ceip.portofaro/MestasDeConDADaTerraJueves

miércoles, 28 de noviembre de 2007

Día da auga:


O martes rematou coas chamadas das familias, a cea e despois a velada (algún aínda cría que a velada era quedarse desperto na habitación) Por sorte volveron a ser exteriores e aínda que cun pouco de fresco, ben abrigados puidemos xogar ó Carteiro real. Os nenos divididos en carteiros e ladróns e os profesores situados nos seus reinos escribindo mensaxes para outros reis. Os carteiros estaban encargados de que as mensaxes (en inglés) chegasen ó seu destino e os "bandidos" de interceptalos. Un rato ben agradable no que correron, se cansaron e volveron a disfrutar (aínda que a opinión maioritaria seguía sendo a favor do do día anterior (a caza do monitor). O xogo rematou cun axustado empate co que todos, mal que ben, fóronse conformando.
A noite xa presaxiaba boa cousa: poucas nubes, e fresco de xeada. E efectivamente. O día amaneceu espléndido e despois do almorzo e ben pertrechados (menos algún despistado de última hora) emprendemos camiño cara o Parque Nacional dos Picos de Europa. A penas media hora e xa estábamos subindo cara o Centro de interpretación do Parque onde en pequenos grupos foron atendendo ás explicacións dos monitores sobre as características do Parque: que é, cando se declarou Parque Nacional, a formación das covas, fauna e flora característica e máis cousas que lles foron explicando en inglés. Seguidamente e por turnos pasaron a ver un audiovisual (esta vez en español) no que se abundaba no mesmo tema.
Ó saír empezamos a ascensión cara os miradores situados nese paradisíaco entorno. Contemplaron os picos máis próximos cargados de neve e comprobaron como o mar Cantábrico estaba ó alcance da súa vista (algúns ata poidemos ver un barco). Esta vez todo o vocabulario traballado estaba relacionado coa auga (nos seus diferentes estados e a explicación correspondente do ciclo da auga) Uns máis ca outros atendían ás explicacións e claro, uns máis ca outros ás entendían (nótase o avance na capacidade de entender certas cousas, tons e acentos, pero algúns seguen sen interiorizar que mirar é tan importante como escoitar)
Seguimos subindo cada grupo polo seu lado (notaredes que nas fotos que colgamos non saen todos porque claro, Nely e eu iámos cada un cun grupo e un levaba a cámara de fotos e outro a de vídeo e aínda quedaba un terceiro grupo) Procuramos irnos turnando, pero a cámara non se pode repartir.
Uns chegaron ata unha cova, outros ata unha parede vertical e experimentaron co eco como nunca e outros disfroitaron cos pequenos neveiros que íamos atopando polo camiño.
Entre unha cousa e outra ía pasando a mañá e despois de ver o lago nos diriximos, xa cun pouco de retraso ata á mina a ceo aberto de Bufarrera. Curioso lugar aínda que algún grupo tivo que pasalo con certa presa porque xa ía retrasado. O último tramo de regreso xa foi case ás carreiras, pero chegamos ó autobús e nos diriximos ó santuario de Covadonga onde se realizou a visita á "Santina"e a tumba de D. Pelayo e ó santuraio. E xa imos pasados de horario porque a fame apreta, pero todo está controlado e no albergue nos espera unha comida reparadora que devoramos con avidez: ensaladilla e ovos recheos e patacas fritas con salchichas. ¡Ai esas patacas, que terán, que piden máis e máis! Algún se o deixas non come outra cousa!
Agora acaba de rematar o tempo libre e nós ó noso , actualizar este blog. Temos un problema de loxística : non nos aparece o cable para transferir, pero ¡aleluia!, entra alguén pola porta e nos di que o ten el, que o levou confudido. Así que agora mesmo nos poñemos coas fotos.
O resto da tarde queda para a posta en común das actividades da auga e o tempo do colexio: o programa está un pouco "verde". Estamos recortando texto pola vía rápida. Pola noite actividades musicais. A ver como resultan.
Para entrar directo no album de hoxe:
http:http://picasaweb.google.es/ceip.portofaro/MestasDeCon2MRcoresDADaAuga

martes, 27 de noviembre de 2007

Fauna day


Onte o día rematou cun xogo nocturno: A caza do monitor. Todos los monitores y profesores se esconden por las instalaciones del albergue y hacen ruidos de animales: pato, vaca, cuervo, ... Los niños por grupos tratan de encontrarlos y cuando un grupo entero descubre a un monitor éste les hace una prueba o pregunta en inglés. Si la resuelven correctamente les hace una marca en la mano o cara. El grupo que tenga más marcas es el ganador del juego puesto que ha encontrado a más monitores y ha resuelto más pruebas.
En fin xogo de acción e movemento coa emoción engadida da noite Houbo sustos, risas, algunha caida e sobre todo... contentos e cansos para a cama (¡Que non é menos importante!)
Hoxe o día amaneceu mellor. Se cadra un pouco máis fresco, pero sen nada de choiva (polo momento). Rutina de aseos, almorzo, arranxo de habitacións (¡que falta lles fai a algunhas!) e preparación para a actividade do día "Animals". Novamente por grupos saímos para ver animais domésticos e se houbese sorte algún salvaxe. Vimos vacas, ovellas, porcos, ponis, coellos galiñas e ata un pavo )¡Vaia moco que tiña! ¡Non era moco de pavo!. En cada parada a explicación pertinente, preguntas e respostas e a escribir e debuxar no caderno de campo. E outras tamén xogar , pero sempre, sempre en inglés. Insisten e insisten en inglés, a seguinte fase é o apoio con mímica e no último recurso a traducción. Costa, pero xa se empezan a ver cousas interesantes: iniciativas de preguntas espontáneas, respostas máis ou menos axeitadas...
Outros despois de subir e baixar, volta a subir e volta a baixar internáronse polo bosque para investigar as pegadas dos animais salvaxes e por se había algunha cova. E houbo éxito, atopamos a madrigueira dun raposo. Logo descobrimos unha árbore queimada e nos tiznamos toda a cara ¡Que pintas!, baixamos e logo pola beira do río camiño do albergue porque xa todos pedíamos "papas".
Xa "en casa" xogos colectivos a correr para terminar de abrir o apetito. Hoxe houbo guiso de garbanzos e carne, queixo e empanadillas. Non hai queixa do menú asturiano.
Despois de comer lavado de dentes e tempo libre: ó fin o tan desexado tempo libre ¿Para que? Algúns para ó ansiado fútbol outros/as para as conversas pendentes e de todo un pouco.
Nesas estamos e nós aproveitando para esta actualización, que por certo tivemos que repetir porque se cortou internet (éramos pocos y...)
Despois obradoiros, posta en común das actividades da mañá e actividade do cole e xa pensando no día de mañá: Visita a Covadonga e Lagos se o tempo nolo permite.
PD
1.- Por certo xa empeza o mal de amores (menos mal que dura pouco e diante dunha divertida actividade todo pasa a segundo plano)
2.- Tamén atopamos algunhas lavandeiras que pola noite lavan os pantalóns. Déixanos metidos no baño e pola mañá os encargados de vixiancia das habitacións lles colocan na porta "Clean the bathroom"

lunes, 26 de noviembre de 2007

1º Día de actividades: A flora

Despois dunha noite tranquila (dentro do que cabe) e despois dunhas boas tostadas de almorzo saímos a andar e falar inglés. O tempo estivo benévolo: non ía moito frío e a chuvia so apareceu por momentos.
Despois das primeiras indicacións: two lines (dúas filas) para ir camiñando e one line(unha fila) se pasaban coches, emprendemos a marcha. Enseguida nos metemos no bosque e entramos en materia: What' s this?, What' s that? How do you say...? E algunhas miradas empezan a perderse na inmensidade da fraga.
Coñecemos o nome inglés do carballo, do tilo, do castaño, da maceira... , dos costumes dos xabaríns e moitas máis cousas.
No alto do outeiro, despois dunha super aventura de escalada (non era para tanto) facemos unha para repoñer forzas e xogar á unha modalidade do escondite.
Polo camiño, multitude de anécdotas:
- Profe como se dice pis en inglés? Pregúntalle á Rob... Despois do apuro pasado comprenden que no bosque tamén hai "toilet".
Tamén houbo encontros coas "vaques" que por certo, profe, por qué son tan raras? Porque son máis pequenas, e sen ubres e...
Algúns grupos ían recollendo a información no caderno de campo que se lles facilitou na saída e outros recolleron castañas, ourizos, follas, flores etc. Tamén levábamos unha bolsa para recoller algunha mostra de lixo que desgraciadamente atopábamos polo camiño.
Contra a unha e media (saíramos ás 10) e xa coa fame empezando a apretar chegamos ó albergue.
Limpeza de botas, cambio de roupa mollada e filas para entrar ó comedor. Os que chegan tarde ¡¡ a bailar o CHICKEN DANCE !! Esta vez os profes de Portofaro nos libramos (xa nos estreáramos a mañá no almorzo)
O baile en cuestión e moi, pero que moi gracioso, sobre todo para os que o están vendo.
Comemos con apetito lentellas, croquetas e froita inmediatamente arriba a cepillar dentes e volta a baixar para o comedor (Non pode habaer tempo libre fóra porque chove) así que peli en inglés (tras axustada votación toca Ratatouille)
É agora cando estamos aproveitando para actualizar mentres eles ven a peli. Noi resto da tarde nos quedan os obradoiros (posta en común de todo o aprendido durante a mañá) tanto o vocabulario e explicacións en inglés como todo o relativo á flora.
Despois hora e media para preparar o noso traballo final. Imos intentar facer un informativo de TV de contido medioambiental (A ver que sae)
E nada máis por hoxe, non vos queixaredes
Poñemos aquí o enderezo de picassa onde espero que estén colgadas as fotos:
http://picasaweb.google.es/ceip.portofaro/ViaxeEChegadaAMestas

domingo, 25 de noviembre de 2007

¡¡¡¡We are in Mestas de Con !!!!

A las 4 y con puntualidad británica "aterrizamos " en el palacio de La Teyería. Sin incidentes dignos de mención. No mareos ni enfermedades por el camino. Comimos en Pola de Siero y estiramos las piernas. Nos recibieron en inglés el director de la actividad y los monitores. 1ºª sorpresa: Cada uno de un páis distinto (pero eso sí, todos angloparlantes).
Nos instalamos( 3 de Portofaro y 3 de Lugo) y todos bastante conformes.
Ahora un instante de tiempo libre para los profes mientras reciben a los de Lugo lo aprovechamos para hacer esta actualización.
A lo mejor de noche más.