miércoles, 28 de noviembre de 2007

Día da auga:


O martes rematou coas chamadas das familias, a cea e despois a velada (algún aínda cría que a velada era quedarse desperto na habitación) Por sorte volveron a ser exteriores e aínda que cun pouco de fresco, ben abrigados puidemos xogar ó Carteiro real. Os nenos divididos en carteiros e ladróns e os profesores situados nos seus reinos escribindo mensaxes para outros reis. Os carteiros estaban encargados de que as mensaxes (en inglés) chegasen ó seu destino e os "bandidos" de interceptalos. Un rato ben agradable no que correron, se cansaron e volveron a disfrutar (aínda que a opinión maioritaria seguía sendo a favor do do día anterior (a caza do monitor). O xogo rematou cun axustado empate co que todos, mal que ben, fóronse conformando.
A noite xa presaxiaba boa cousa: poucas nubes, e fresco de xeada. E efectivamente. O día amaneceu espléndido e despois do almorzo e ben pertrechados (menos algún despistado de última hora) emprendemos camiño cara o Parque Nacional dos Picos de Europa. A penas media hora e xa estábamos subindo cara o Centro de interpretación do Parque onde en pequenos grupos foron atendendo ás explicacións dos monitores sobre as características do Parque: que é, cando se declarou Parque Nacional, a formación das covas, fauna e flora característica e máis cousas que lles foron explicando en inglés. Seguidamente e por turnos pasaron a ver un audiovisual (esta vez en español) no que se abundaba no mesmo tema.
Ó saír empezamos a ascensión cara os miradores situados nese paradisíaco entorno. Contemplaron os picos máis próximos cargados de neve e comprobaron como o mar Cantábrico estaba ó alcance da súa vista (algúns ata poidemos ver un barco). Esta vez todo o vocabulario traballado estaba relacionado coa auga (nos seus diferentes estados e a explicación correspondente do ciclo da auga) Uns máis ca outros atendían ás explicacións e claro, uns máis ca outros ás entendían (nótase o avance na capacidade de entender certas cousas, tons e acentos, pero algúns seguen sen interiorizar que mirar é tan importante como escoitar)
Seguimos subindo cada grupo polo seu lado (notaredes que nas fotos que colgamos non saen todos porque claro, Nely e eu iámos cada un cun grupo e un levaba a cámara de fotos e outro a de vídeo e aínda quedaba un terceiro grupo) Procuramos irnos turnando, pero a cámara non se pode repartir.
Uns chegaron ata unha cova, outros ata unha parede vertical e experimentaron co eco como nunca e outros disfroitaron cos pequenos neveiros que íamos atopando polo camiño.
Entre unha cousa e outra ía pasando a mañá e despois de ver o lago nos diriximos, xa cun pouco de retraso ata á mina a ceo aberto de Bufarrera. Curioso lugar aínda que algún grupo tivo que pasalo con certa presa porque xa ía retrasado. O último tramo de regreso xa foi case ás carreiras, pero chegamos ó autobús e nos diriximos ó santuario de Covadonga onde se realizou a visita á "Santina"e a tumba de D. Pelayo e ó santuraio. E xa imos pasados de horario porque a fame apreta, pero todo está controlado e no albergue nos espera unha comida reparadora que devoramos con avidez: ensaladilla e ovos recheos e patacas fritas con salchichas. ¡Ai esas patacas, que terán, que piden máis e máis! Algún se o deixas non come outra cousa!
Agora acaba de rematar o tempo libre e nós ó noso , actualizar este blog. Temos un problema de loxística : non nos aparece o cable para transferir, pero ¡aleluia!, entra alguén pola porta e nos di que o ten el, que o levou confudido. Así que agora mesmo nos poñemos coas fotos.
O resto da tarde queda para a posta en común das actividades da auga e o tempo do colexio: o programa está un pouco "verde". Estamos recortando texto pola vía rápida. Pola noite actividades musicais. A ver como resultan.
Para entrar directo no album de hoxe:
http:http://picasaweb.google.es/ceip.portofaro/MestasDeCon2MRcoresDADaAuga

1 comentario:

Anónimo dijo...

hoy es jueves : me pregunto ¿ a cuantos niños se les empieza a notar ya la morriña a las noches ?
y cuantos el sábado, cuando ya pisen tierra en sus propias habitaciones de sus casas , tendrán la sensación de que la habitación es mas pequeña que cuando la dejaron el domingo pasado ;
gracias a todos los responsables (profesores y monitores)que estais hai, por la gran paciencia que estais teniendo ,no os quedeis sin energias pensar que algun niño o niña de los que están hai, no podra olvidar a lo largo de los años , lo que sintió, rió ,lloró con vosotros y con sus compañeros de el último año de colegio .
GRACIAS