Despois dunha noite tranquila (dentro do que cabe) e despois dunhas boas tostadas de almorzo saímos a andar e falar inglés. O tempo estivo benévolo: non ía moito frío e a chuvia so apareceu por momentos.
Despois das primeiras indicacións: two lines (dúas filas) para ir camiñando e one line(unha fila) se pasaban coches, emprendemos a marcha. Enseguida nos metemos no bosque e entramos en materia: What' s this?, What' s that? How do you say...? E algunhas miradas empezan a perderse na inmensidade da fraga.
Coñecemos o nome inglés do carballo, do tilo, do castaño, da maceira... , dos costumes dos xabaríns e moitas máis cousas.
No alto do outeiro, despois dunha super aventura de escalada (non era para tanto) facemos unha para repoñer forzas e xogar á unha modalidade do escondite.
Polo camiño, multitude de anécdotas:
- Profe como se dice pis en inglés? Pregúntalle á Rob... Despois do apuro pasado comprenden que no bosque tamén hai "toilet".
Tamén houbo encontros coas "vaques" que por certo, profe, por qué son tan raras? Porque son máis pequenas, e sen ubres e...
Algúns grupos ían recollendo a información no caderno de campo que se lles facilitou na saída e outros recolleron castañas, ourizos, follas, flores etc. Tamén levábamos unha bolsa para recoller algunha mostra de lixo que desgraciadamente atopábamos polo camiño.
Contra a unha e media (saíramos ás 10) e xa coa fame empezando a apretar chegamos ó albergue.
Limpeza de botas, cambio de roupa mollada e filas para entrar ó comedor. Os que chegan tarde ¡¡ a bailar o CHICKEN DANCE !! Esta vez os profes de Portofaro nos libramos (xa nos estreáramos a mañá no almorzo)
O baile en cuestión e moi, pero que moi gracioso, sobre todo para os que o están vendo.
Comemos con apetito lentellas, croquetas e froita inmediatamente arriba a cepillar dentes e volta a baixar para o comedor (Non pode habaer tempo libre fóra porque chove) así que peli en inglés (tras axustada votación toca Ratatouille)
É agora cando estamos aproveitando para actualizar mentres eles ven a peli. Noi resto da tarde nos quedan os obradoiros (posta en común de todo o aprendido durante a mañá) tanto o vocabulario e explicacións en inglés como todo o relativo á flora.
Despois hora e media para preparar o noso traballo final. Imos intentar facer un informativo de TV de contido medioambiental (A ver que sae)
E nada máis por hoxe, non vos queixaredes
Poñemos aquí o enderezo de picassa onde espero que estén colgadas as fotos:
http://picasaweb.google.es/ceip.portofaro/ViaxeEChegadaAMestas
lunes, 26 de noviembre de 2007
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
1 comentario:
gracias por el seguimiento diario con tanta gracia ,que no falte el animo al profesorado que le va ha hacer falta
Animo un día menos de tensiones.
Publicar un comentario